martes, 21 de mayo de 2019

Día das Letras Galegas no cole

Versos polo aire!

Os rapaces e rapazas dos catro cursos da ESO estiveron elixindo poemas cos que agasallar os nosos pequenos. Para facelo máis divertido confeccionaron uns preciosos avións. O pasado xoves abríronse as ventás da nosa biblioteca e desde alí lanzaron os agasallos poéticos aos pequenos que esperaban con ansia as aterraxes. Unha vez recollidos con coidado, leváronos ás clases onde os leron coa axuda das súas mestras. 
GRAZAS aos nosos rapaces da ESO pola súa xenerosidade!




Para ver máis preme en Cousas que pasan na biblio 
(á túa esquerda no blog)