martes, 15 de enero de 2019

Un novo reto para este ano

Xa formamos parte dos centros integrados no programa Biblioteca Inclusiva ofertado pola CCEOU (Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional)no contexto do 

Plan LÍA 2016-2020 de Bibliotecas Escolares


  Este programa pretende sensibilizar sobre a necesidade de avanzar cara unha biblioteca que responda, realmente, ás necesidades de todo o alumnado do centro e que enfronte os retos, dunha forma decidida, que presenta a diversidade.