jueves, 8 de marzo de 2018

Día da muller, 2018

Megumi era unha das mellores cazadoras de estrelas da súa comunidade. As súas frechas trazaban no ceo o debuxo dun arco até cravarse xusto no medio das estrelas pequeniñas e moi brillantes para crear, entón, unha neboeira de luz. Contaba coa magnífica axuda de Turrón, unha egua que galopaba lixeira coma o vento. Sobraban os dedos dunha man para contar as veces que errara no seu tiro.

Literatura infantil 

galega para a igualdade






Extravanganzza Pérez vive nunha casa que semella un zoolóxico. Os seus pais son dous biólogos de moita sona. Semellan estar algo tolos, pero queren aos animais e mais á súa filla pola vida. Un día marchan a unha expedición secreta deixando a Extravaganzza soa na casa. Ela está encantada. Vivir sen pais é o mellor que lle pode pasar a unha nena... agás se os teus pais non dan sinais de vida durante semanas.                                Unha historia divertida e chea de humor que cuestiona os estereotipos aceptados que moi a miúdo impiden a educación na igualdade de dereitos e oportunidades de nenos e nenas.

            Matilda é a nena que gusta de ler e é moito máis madura que os pais. Unha nena pouco convencional, que consegue facerse amiga da profesora e xuntas poderán loitar contra a directora.                Unha Bela que, nesta ocasión, non se namorará da besta, precisamente porque descubrirá que a auténtica beleza está no interior.  Éranse dúas é unha oportunidada para os contos de sempre. Sen sexismo, sen violencia nin desigualdade. Máxicos, divertidos e coeducativos. Tamén: Érase dúas veces Rapuncel, Éranse dúas veces os tres porquiños e Érase dúas veces Pinocho.



Porto Balea é unha vila mariñeira na que todos os seus anciáns habitantes perderon a esperanza. Só Otto, o último home novo da vila, segue a saír ao mar a diario mentres deixa a Nena, a súa filla e orfa de nai, ao coidado dos habitantes da vila acantilada. Canndo el non volve, Nena irá a buscalo.          Mamá e papá xa non viven xuntos, así que agora teño dúas casas. As miñas casas son moi chulas, e pintamos todas as paredes de cores. Nos gusta escoitar música e debuxar tirados no chan, e xogar cos nosos xoguetes... Da colección "A igualdade conta" 


                       

No país dos mandóns uns cantos mandan sobre o resto e non permiten que as nenas, as mamás ou as avoas xoguen, saian ou traballen fóra da casa. O cambio desas normas tan inxustas para crear un novo país da igualdade conmemórase o día internacional das mulleres. Da colección "A igualdade conta"                  Aventuras e extravagancias dunha nena rebelde, simpática e extrovertida, convertida nunha icona contemporánea. Porque con Pippi, a lectura é... unha grande aventura!




Unha divertida guía que con moito humor nos fala das diferentes familias que podemos atopar na actualidade e que non son poucas.       Había unha vez unha nena que vivía coa súa terrible madrasta e con dúas medias irmás aínda peores. Pasaba os días ocupándose das tarefas do fogar e soñando cun aposto príncipe. Ata que un día se anunciou o famoso concurso de baile...

PARA MÁIS INFORMACIÓN:

Literatura infantil galega para a igualdade:



Literatura xuvenil: